Redondela estrea o festival Samain Máxico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Redondela, coa colaboración da Axencia Galega das Industrias culturais (AGADIC) está a organiza o Festival de Maxia-Samaín máxico.

O Festival de Máxia-SamaínMaxico ven a sumarse á importante oferta cultural e de ocio da vila dos Viadutos buscando potenciar a xeración de sinerxías positivas coa actividade comercial e de hostaleira.

O primeiro festival de Maxia celebrado en Redondela en 2009 tivo unha gran acollida entre o público e nunca se deixaron de realizar eventos relacionados con esta arte escénica incluso a Illa de San Simón acolleu en 2011 o “Neuromagic”, encontro internacional de ilusionistas e neurocientíficos, o que sen dúbida deixa ver que na Vila dos Viadutos hai moita maxia.

A data elixida para a celebración deste festival ten unha marcada carga máxica vinculada á cultura e maxia da nosa terra polo que producirase un singular encontro entre o clásico concepto de maxia de escena coa maxia tradicional galega nun evento que entreterá ao público infantil na programación de tarde e non deixará indiferente a público xuvenil e adulto na programación de noite.

A presentación do programa de actividades,que tivo lugar esta mañá no auditorio José Figueroa do Centro Sociocomunitario de Redondela, contou coa presenza de Fernando Sampil, presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, ErmindaQuelle, Concelleira de Participación Cidadá e Eloy Crespo, mago coordinador escénico das actuacións de maxia.

Un total de 7 magos saíran a escena nos distintos actos e actividades que conten o programa.

Programa de actividades:

– 17:30H-19:30HMAGOS ITINERANTES. Rúas de Redondela.

Dous magos percorrerán as rúas de Redondela sorprendendo aos transeúntes con trucos de maxia express.

– 17:30H ENCONTRO DE MAXIA INFANTIL. Auditorio José Figueroa e R/ Casto Sampedro.

>   Actuación de escenario: 18:00h, 18:30h e ás 19:00h

>   Obradoiros de maxia e instrumentos máxicos (horario continuado)

>   Obradoiros de maquillaxe de samaín (horario continuado)

– 20:00-21:00HHORA MÁXICA NO COMERCIO con descontos, promocións,sorteos e diferentes sorpresas no comercio de Redondela. Mais de medio centenar de comercios participan nesta iniciativa que comezará as 20:00h e na que os descontos, ademais doutras sorpresa serán os protagonistas.

– 21:30 H GALA MÁXICA. Praza da Constitución ou, en caso de mal tempo, Auditorio do Multiusos da Xunqueira.

Gran actuación de escena que contará con magos como:

Mago Romarís.(Negreira)
Mago Sergio Sienes.(Vigo)
Mago Xulio.(As Palmas)
Mago Noel. (Pontevedra)
Mago Óscar.(Vigo)
Mago Jose. (Redondela)
Mago Eloy. (Redondela)

– 24:00 H QUEIMADA MÁXICA. Praza do Concello ou, en caso de mal tempo, baixo os soportais do Concello a cargo da empresa de animación Troula.

Un tren de castañas percorrerá as rúas da vila.

29 de outubro de 2014 | 20:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.