Pulpada Obradoirista para o domingo
O Rio Natura Monbus Obradoiro propón un bo plan para este domingo 2 de novembro tras a conclusión do encontro Rio Natura Monbus Obradoiro – Iberostar Tenerife (13:00 horas): aproveitando que o partido finalizará un pouco máis tarde do habitual, o club organizará unha Pulpada Obradoirista para os afeccionados que queiran completar o seu plan de fin de semana ao máis puro estilo galego.
A pulpada, a cargo de Pulpería Veloso (Ulla), terá un aforamento limitado, polo que será necesario reservar sitio comprando unha pulseira de reserva de 2€ por persoa, que serán descontados durante a pulpada do prezo da botella do Viño Oficial Obradoiro. A pulseira poderase adquirir até o venres 31 de outubro de dous modos:
– Comprándoa directamente nas oficinas do club.
– Mediante reserva online ingresando o importe na conta ES92 2080 0375 1130 4001 6453, co concepto Pulpada + Nome da persoa que recollerá as pulseiras. Neste caso, as pulseiras repartiranse o día do partido nunha caseta habilitada no hall de entrada. Tamén se deberá enviar o resgardo da transferencia ao correo: marketing@obradoirocab.com.
Ademais, o club pon en marcha diferentes promocións dispoñibles nas oficinas do club:
-Con cada botella de Viño Oficial Obradoiro comprada en oficina, levaranse 2 pulseiras de reserva de agasallo.
-Comprando unha caixa de Viño Oficial Obradoiro en oficina, levarán 15 pulseiras de reserva de agasallo, ademais do Balón Obra.
-As reservas familiares que o desexen teranse invitacións á sesión Multixogo da tarde do domingo.
Os afeccionados peñistas tamén terán beneficio pola súa condición, obtendo a reserva gratuíta anotándose como grupo.
Se queres gozar a túa comida en canto soe a bucina, podes comprar xa as túas tickets nas oficinas do club, a un prezo de 9 euros a ración de polbo, 8 a de churrasco e 5 a botella de Viño Oficial Obradoiro.











