publicidade hoxe

Protección Civil de Poio recolecta os alimentos recollidos na KDD

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Hoxe traballadores de Protección Civil do concello de Poio trasladaron ata os servizos sociais do concello de Poio  os alimentos recollidos co gallo da celebración da “KDD” para afeccionados BTT no Monte Castrove.

Por cuarto ano consecutivo Os Bicivoadores organizaron unha ‘KDD’ para afeccionados do ciclismo BTT no Monte Castrove.

O evento, non competitivo nin federado, celebrouse este pasado domingo. O bo tempo animou a que a participación fóra moi alta ( 500 ciclistas). Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexaron colaborar entregaron un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dosal.

Dende benestar social  do concello de Poio ( concelleira: Lidia Salgueiro Piñeiro) queren agradecer tanto aos organizadores como á concellaría de deportes que foi a patrocinadora , por transformar un acontecimeinto deportivo nun xesto solidario tan necesario nos tempo que corren.

27 de outubro de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.