Prosem acada a “Q” de calidade turística para as primeiras praias en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínPontevedraSanxenxo
A-
A+

Os areais de Silgar, Areas e Canelas converteranse o próximo ano nos primeiros entes turísticos da categoría “Praias” certificados coa “Q” de Calidade Turística na provincia de Pontevedra. Prosem encargouse de acompañar e asesorar ao Concello de Sanxenxo durante todo o proceso até conseguir este novo selo.

O equipo de profesionais de Prosem atópase traballando nos procesos de implantación e mantemento da “Q” en empresas e entidades turísticas galegas desde hai uns meses. O selo é outorgado poloInstituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e achega prestixio, diferenciación, fiabilidade e rigor aos establecementos certificados.

O equipo de Prosem séntese moi orgulloso deste traballo que realizan en colaboración con Turgalicia, delegación do ICTE en Galicia, que lle levou o pasado ano a auditar máis de 250 empresas, converténdose Galicia na segunda comunidade española por número de certificados.

Clientes de calidade

O proceso comezou coa visita dos profesionais de Prosem aos areais para avaliar a súa adecuación á norma do ICTE para Praias en seguridade, servizos, limpeza, accesibilidade… Sobre esta observación realizaron unha serie de recomendacións de melloras que desde Turismo de Sanxenxo encargáronse en aplicar.

Neste momento o ICTE xa confirmou, grazas ás visitas dos técnicos de Prosem, que as praias de Silgar, Areas e Canelas adaptaron as súas instalacións, servizos e procedementos á norma de calidade, superando a auditoría de certificación.

14 de outubro de 2014 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.