publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Programa de lectura en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Neda retoma mañá mércores os programas de fomento da lectura “Lesme un conto?” e o Clube de Lectura para maiores de 14 anos. O primeiro, dirixido ás familias, celebraráse a partires das seis do serán. Con participación gratuíta, non é preciso inscripción previa. Nel, nenos e nenas, acompañados dos seus pais ou avós, len e escoitan diferentes narracións baixo a dirección da animadora sociocultural. A partires desta semana, as sesións celebraránse en mércores alternos. Así mesmo, ás 19 horas, arrancará o Clube de Lectura para adultos. Neste caso, aínda que a participación é gratuíta, precísase de inscripción previa (na Casa da Cultura). As reunións serán mensuais e nelas establécese un debate e análise en torno ao libro seleccionado.

14 de outubro de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.