Primeira vitoria a domicilio do filial do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal B consegue a súa segunda vitoria consecutiva, primeira fóra da casa, por un resultado axustado de 1-2 fronte ao Burela FS “B” P.Rubén.

A primeira parte estivo marcada polo dominio visitante. O equipo local só ocasionou perigo cun disparo exterior que golpeou no poste. Chegaríase ao descanso cun marcador favorable aos de Santiago, 0-1, con gol de Julio.

Tras a continuación, o equipo local pasou a dominar o partido, pero nunha contra o Santiago Futsal B puxo o 0-2 con gol ao segundo pau de Ismael. Respondería o equipo local na xogada seguinte cun gol, e puña o 1-2 no marcador.

A pesar das claras ocasións de ambos os equipos, o resultado non se ampliou e o encontro concluíu co 1-2.

O próximo partido do Santiago Futsal B terá lugar o xoves ás 21:30h contra Carballiño F.S.

O equipo xuvenil do Santiago Futsal conseguiu os tres puntos tras gañar por 5-2 ao Noia F.S. o domingo pola mañá en Sta. Isabel. A próxima xornada viaxará á Pontenova para medirse ACD Os Fornos.

Resultados dos partidos das categorías basee

JUV. DIV. HON. Santiago Futsal 5 – Noia FS 2

JUV. AUT. Hércules 4 – Santiago Futsal 2

INF. AUT. Hércules 3 – Santiago Futsal 3

CADETE B Santiago Futsal 3 – La Salle 1

INFANTIL B Santiago Futsal 5 La Salle 2

ALEVÍN A Santiago Futsal 6 – La Salle 6

ALEVÍN B Santiago Futsal 2 – Cacheiras 3

BENJAMÍN Santiago Futsal 9- La Salle 1

PREB. 2 Santiago Futsal 6 – Vitoria 1

PREB. 1 Santiago Futsal 2 – Vitoria 3

FEMININO. Santiago Futsal A Gaiola 2 – Milladoiro 2

20 de outubro de 2014 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.