Preto de 150 rapaces congregáronse na primeira xornada do Xogatlon

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Con éxito de participación levou a cabo no CGTD de Pontevedra, a primeira xornada do Xogatlon de atletismo, que organizou a Sociedade Ximnástica de Pontevedra e contou co patrocinio do Instituto Municipal de Deportes.

Foron preto de 150 rapaces das Escolas Municipais de atletismo, os que gozaron dunha carreira de velocidade, un salto de lonxitude, un lanzamento de peso e unha carreira de 500 metros ou 600 metros para os cadetes; aínda que adaptadas a cada idade, primando a formación e o compañeirismo, antes da competición.

Esta competición/xogo servirá de base para ir preparando as primeiras competicións da tempada, a liga escolar federada en pista e o Cros Manuel Abanqueiro; dúas citas postas no calendario dos monitores da Escola Municipal de Atletismo.

26 de outubro de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.