Preséntase a situación actual do Consorcio Aeronáutico Galego e as perspectivas de futuro da Industria Aeronáutica de Galicia
O Consorcio Aeronáutico Galego reuniuse esta tarde na sede de Vigo da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia, ASIME, acollendo a numerosos expertos da industria aeronáutica para presentar a situación actual, ademais das perspectivas de futuro da mesma.
No seo desta reunión, que contou coa asistencia das empresas máis importantes da Comunidade Galega desenvolvéronse as perspectivas de futuro, así como as próximas actuacións que levarán a cabo desde o Consorcio Aeronáutico Galego. Ademais tratáronse aspectos como: formación, asistencia a feiras e misións comerciais, e novas certificacións de empresas interesadas nesta industria.











