publicidade hoxe

Pontevedra comeza a proposta de intervención artística do Kiosko de Barcelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Montaxe

Montaxe

O próximo xoves 23 de Outubro o Concello de Pontevedra iniciará a proposta de intervención artística do Kiosko de Barcelos.

Este proxecto atópase dentro do programa “Máis Boa Vila”, a iniciativa a través da que se actuará en espazos públicos e bens privados có obxectivo de mellorar a calidade urbana e estética do municipio.

Coa temática de botánica como inspiración, o Kiosko terá unha segunda vida chea de cor, xa que pintaranse nel uns murais onde se verá representada a flora presente na Praza de Barcelos.

Ademáis de mellorar a imaxe, esta iniciativa busca implicar ós veciños, e por elo inclúe o obradoiro “O meu primeiro caderno bótanico”. Neste obradoiro traballarase con nenos de 6º de primaria do C.E.I.P de Barcelos, no que aprenderán conceptos relacionados coa clasificación de plantas e flores da contorna máis inmediata plantadas na plaza de Barcelos.

Durante 3 sesións formativas e a través de actividades lúdicas, como a ilustración ou a realización dun caderno botánico, promoverase a curiosidade e interese pola investigación científica á vez que intarectúan con demostracións prácticas.

21 de outubro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.