publicidade hoxe

Ponte Caldelas pon en marcha un operativo especial de limpeza e mantemento nos cemiterios municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha un operativo especial con motivo da celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos para ter en perfecto estado os cemiterios de titularidade municipal. Así, os camposantos de Ponte Caldelas e A Insua foron obxecto dun operativo de limpeza e posta a punto a cargo dos operarios da brigada de mantemento e servizos do Concello.

Os operarios limparon as arquetas e sistemas de drenaxe en previsión de que o mal tempo puidese provocar encharcamento nas entradas e vías principais dos cemiterios municipais.

Así mesmo, os operarios municipais reforzaron a presenza de colectores e papeleiras e revisaron as conducións de auga e servizos públicos nos cemiterios de Ponte Caldelas e A Insua, de titularidade municipal, co fin de favorecer as tarefas de limpeza que nestas datas acometen os veciños destas zonas para acoller a celebración de Defuntos.

As brigadas municipais acondicionaron tamén as zonas axardinadas e dotáronse de máis contendores nas inmediacións dos camposantos. Así mesmo, lembrouse á empresa Urbaser, concesionaria do servizo de lixo, que extreme ao máximo a frecuencia de recollida nos cemiterios co fin de que estean en perfecto estado.

Por outra banda, tamén se reprogramaron as iluminacións destes cemiterios para que permanezan acendidos durante máis horas nestes días. Tamén os operarios municipais, reforzados por unha brigada de mantemento do Plan de Emprego da Deputación levaron a cabo labores de reparación de vilas de auga, papeleiras defectuosas e reposición de pedras ornamentais nas zonas axardinadas dos cemiterios.

ASFALTADO DO CAMIÑO DE O LOMBO – CEMITERIO

Así mesmo, o Concello mellorou nos últimos meses o acceso ao cemiterio desde a Igrexa de Santa Baia, con labores de asfaltado e reparación do firme do viario de conexión entre ambos os elementos, dentro do plan de mantemento de estradas e camiños de titularidade municipal que leva a cabo esta administración local.

Os traballos consistiron na limpeza e reparación do firme, con eliminación de fochancas e defectos do pavimento producidos polo uso intensivo que recibe este viario debido a que é o que dá acceso ao cemiterio municipal e é por onde circulan os vehículos que acompañan os servizos fúnebres durante os enterros, ademais do tráfico normal dos automóbiles que trasladan ás persoas que de forma habitual visitan o camposanto.

Tamén se rematou estes días o asfaltado do camiño posterior do cemiterio que conecta co barrio de O Lombo, en CUÑAS, co que os usuarios do cemiterio municipal poderán ter en perfecto estado os accesos por estrada a este recinto mortuorio.

30 de outubro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.