Ponte Caldelas inaugura un curso de coidados básicos para persoas dependentes

O alclade de Ponte Caldelas na inauguración do curso
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez asistiu ao comezo do curso de coidados básicos para persoas dependentes que acolle o Salón de Actos do Centro Cultural de Ponte Caldelas até o 31 de outubro.
Esta iniciativa formativa inclúese no Programa Actívate da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración organizativa da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ponte Caldelas dentro da nova edición de cursos orientados cara a persoas en situación de desemprego co fin de que poidan mellorar a súa capacitación profesional e ter maiores posibilidades de integrarse no mercado laboral.
O curso coidados básicos para persoas dependentes terá unha duración dunhas 40 horas lectivas impartidas de luns a venres en horario de 16 a 20 horas e desenvolverase no Salón de Actos do Centro Cultural de Ponte Caldelas.
Este curso está especialmente dirixido a mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos aínda que tamén poderán participar aquelas persoas interesadas no contido do mesmo, a condición de que dispoñan de prazas suficientes e conten coa autorización do Concello de Ponte Caldelas.
O rexedor de Ponte Caldelas animou aos participantes a aproveitar ao máximo os ensinos transmitidos neste curso que ten un especial interese para aquelas persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos nesta materia moi importantes para poder acceder a postos de traballo relacionadas con servizos sociais, atención a persoas maiores, axuda a domicilio, etc.











