Permanece aberto o prazo para que as Pemes e comercios se sumen a Proba en Galego
A Concellaría de Normalización Lingüística aínda mantén aberto o prazo para os comercios e pemes que queiran sumarse ao programa “Proba en galego”, que ten por obxecto dinamizar o uso do galego no comercio e nas pequenas empresas locais.
Proba en Galego dálle continuidade ao labor que desenvolve o Concello para visibilizar e incrementar o uso da lingua galega no sector económico, con actuacións específicas que se veñen realizando desde o ano 2006.
Esta nova iniciativa desenvolverase desde outubro de 2014 ata maio de 2015. Os obxectivos desta campaña son:
• Dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na pequena empresa
• Implicar as persoas que traballan no sector do comercio e da pequena empresa na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas
• provedoras
• Ofrecer espazos de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector
• Estimular a clientela falante de galego para que manteña a súa lingua nas relacións comerciais
• Animar a clientela que non fala galego habitualmente a que probe a facelo
• Facer visible o uso da lingua galega nas relacións comerciais que se establecen na cidade
• Darlles continuidade ás campañas específicas para incrementar











