Ourense será a provincia galega que rexistrará maior invistimento en vivenda en 2015
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá case 15 millóns de euros en materia de vivenda en Ourense, o que a converte na provincia co máximo investimento neste eido de toda Galicia. Ourense contará cun orzamento total para vivenda de 14,86 millóns de euros no 2015. Así ,nos Presupostos para 2015 que hoxe se remitiron ao Parlamento de Galicia recóllese un incremento dun 5 por cento en relación coas contas do actual exercicio.
O rigor dos orzamentos para o ano 2015, permiten que a provincia ourensá conte cun maior investimento per cápita que o ano pasado, posto que avánzase dos algo máis de 188 euros aos 200,38.
Nesta partida, destaca o interese do Executivo autonómico en outorgar axudas á rehabilitación, onde se pasa de 400.000 euros no 2014 a case 3 millóns para o vindeiro ano. Así mesmo, o orzamento destinado ás subvencións para aluguer increméntase ne forma notable xa que o Goberno galego aportará 1,27 M€, ante os 480.000 do pasado exercicio contable.
A reparación de vivendas de protección pública (VPP) a construción de vivendas de protección pública nas localidades de Vilamarín e Ourense; e traballos no parque empresarial de Pazos no Concello de Verín , tamén serán puntos de actuación para o Goberno Galego ademais , entre outras accións.
|
VIVENDA |
2015 |
|
Axudas á rehabilitación |
2,59 M€ |
|
Construción e urbanización de VPP: Vilamarín e Ourense |
1,10 M€ |
|
Axudas ao aluguer |
1,27 M€ |
|
Reparación de VPP |
0,40 M€ |
|
Parque empresarial de Pazos (Verín) |
0,20 M€ |
Para o Executivo autonómico, os investimentos nesta provincia en materia de infraestruturas suporán 36,13 millóns de euros, o que permitirá continuar avanzando na conexión da A-52 co Polígono industrial de San Cibrao das Viñas, unha actuación esencial para a provincia. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) reforzará a súa aposta pola conservación das estradas, cun orzamentos que pasan dos 6,1 M€ de 2014 os 11 M€ en 2015 e que procurarán manter e mellorar a seguridade vial, tanto para os peóns como para os vehículos que diariamente circulan por elas.
|
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS |
2015 |
|
Supresión peaxes AG-53 |
14,83 M€ |
|
Concesión AG-31 Ourense – Celanova |
8,27 M€ |
|
Conservación de estradas |
11,14 M€ |
|
Conexión A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas |
0,24 M€ |
Auga de Galicia
No capítulo de Augas de Galicia, o investimento é de máis de 10 millóns de euros, fronte aos 7,03 do actual exercicio, sendo o convenio da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) en Ourense a maior das aportacións. Así mesmo, levarase a cabo a mellora do abastecemento aos concellos de Cenlle, San Amaro e Puxín, na súa segunda fase, onde se investirán case dous millóns de euros.
Tamén realizarase o saneamento e abastecemento en Seadur en Larouco e a mellora da capacidade de eliminación de nutrientes na EDAR de Xinzo de Limia.
|
AUGAS DE GALICIA |
2015 |
|
Convenio EDAR de Reza en Ourense |
4,73 M€ |
|
Mellora do abastecemento aos concellos de Cenlle, San Amaro e Punxín. Fase 2. |
1,78 M€ |
|
Obras mellora saneamento e EDAR de San Cibrao das Viñas. Convenio CH Miño-Sil, Concello, Augas de Galicia |
0,49 M€ |
|
Colector de saneamento no polígono de Pazos. Verín. |
0,84 M€ |
|
Renovación infraestruturas de abastecemento e saneamento na Rúa, fase 1 |
0,60 M€ |
|
Saneamento e abastecemento en Seadur, Larouco |
0,42 M€ |
|
Mellora da capacidade de eliminación de nutrientes na EDAR de Xinzo de Limia |
0,29 M€ |
|
Xestión do servizo de depuración de augas residuais do Consorcio de Valdeorras. Convenio Augas de Galicia, Deputación de Ourense, Consorcio de Valdeorras. |
0,08 M€ |
A Xunta de Galicia incrementa os orzamentos en materia de urbanismo, onde investirá 1,65 M€. A especial dedicación a este apartado será nas axudas dentro do Plan Hurbe a contornos urbanos, nos que se inclúe o Centro Cultural das Artes de Verín e a mellora da rúa Jacinto Santiago, Vilardevós. Tamén destínase a subvencións ao planeamento.
|
URBANISMO |
2015 |
|
Axudas ao planeamento |
0,60 M€ |
|
Axudas Plan Hurbe a contornos urbanos. Inclúe: – Centro Cultural das Artes de Verín (0,63 M€) – Mellora da rúa Jacinto Santiago, Vilardevós (0,22 M€) |
1,05 M€ |
Así mesmo, no apartado de Calidade e avaliación ambiental, o Goberno galego investirá 1,18 millóns, tanto en actuacións na calidade do aire; en puntos limpos e clausura de vertedoiros da construción; ademais de levar a cabo a clausura de puntos de vertedura incontrolada, con un investimento de 420.000 euros.
Na mobilidade galega, a Xunta traballará na implantación do Plan de Transporte Metropolitano, para que esta provincia conte cunha ferramenta de ordenación dos movementos públicos como noutras áreas de Galicia.
Por último, cabe sinalar que no relativo á conservación da natureza, emitiranse axudas aos concellos incluídos na Rede Natura 2000 e á conservación e protección da biodiversidade nesta área e noutro proxectos ambientais. Tamén a parques naturais e subvencións á ordenación cinexética e piscícula.











