Os viños da D.O. Rías Baixas brindan pola Hispanidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Viños Rías Baixas nunha embaixada

Viños Rías Baixas nunha embaixada

A festa da Hispanidade protagonizou diferentes recepcións nas Embaixadas de España de diferentes países como son México, Berlín, Dublín e Brasil. Como non podía ser doutra maneira a recepción tivo como protagonista os viños de Rías Baixas que serviron para brindar a invitados relevantes da sociedade, entre os que se atopaban empresarios, personalidades e políticos.

Países como México, Alemaña e Irlanda elixiron os viños de Rías Baixas para harmonizar coa gastronomía española. Son uns mercados internacionais nos que os viños de Rías Baixas contan cun importante volume de vendas xa que se atopan entre os dez primeiros destinos e, accións como esta axudan á consolidación da marca desta denominación. Tanto o embaixador de España en México, Manuel Alabart, como o de Irlanda, Javier Garrigues, agasallaron aos seus numerosos invitados cos viños de Rías Baixas.

31 de outubro de 2014 | 14:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.