publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os veciños de Santiso buscan alternativas para minimizar o impacto dunha liña eléctrica de media tensión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSantiso
A-
A+
Belén do Campo na reunión con veciños de Santiso

Belén do Campo na reunión con veciños de Santiso

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Santiso, Manuel Adán, e con varios representantes dos veciños e veciñas do municipio para avanzar na busca de alternativas para a instalación dunha liña eléctrica de media tensión na parroquia de Santiso, entre as aldeas de Penaposta e A Pedreira, co fin de minimizar o seu impacto. Ao encontro tamén asistiron os portavoces dos grupos da oposición.

Neste senso, Do Campo trasladoulles aos asistentes unha proposta elaborada pola xefatura territorial de Economía e Industria, que contempla substituír a liña aérea deseñada inicialmente pola empresa subministradora por outra instalación soterrada e sen afeccións. Posto que a nova liña transcorrería por un camiño, evitaríanse as expropiacións. A instalación completaríase coa instalación dun transformador e o reforzo do cableado existente.

“Estes traballos contribuirían á eliminación do impacto paisaxístico que xeran este tipo de instalacións aéreas, mellorando ademais as súas características técnicas, o que, en última instancia, poderá supoñer un incremento na calidade da subministración eléctrica”, explicou a delegada territorial, quen se comprometeu a seguir traballando de xeito coordinado tanto cos representantes políticos de Santiso como cos veciñais para consensuar a mellor solución e sacar adiante este proxecto.

21 de outubro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.