Os rapaces dos Escolapios visitan a Biblioteca Municipal de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

Alumnos/as de primeiro de primaria do colexio PP Escolapios, de 6 anos de idade, visitaron onte a Biblioteca Municipal.

Foron 44 rapaces e rapazas os e as que realizaron esta visita, acompañados polas súas profesoras Regina e Mónica.

Grazas á colaboración destas profesoras, que facilitaron os datos e as fotografías de cada un deles, os pequenos e pequenas fixéronse socios da Biblioteca.

Os nenos e nenas familiarizáronse coa Biblioteca e cos seus servizos, e todos eles volverán, acompañados polos seus pais, para buscar libros.

Sen dúbida que esta é unha boa maneira de animar á lectura ós máis pequenos, así como un xesto positivo para introducilos nas diferentes posibilidades que lles ofrece a Biblioteca Municipal de Monforte.

30 de outubro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.