Os escolares visitarán a biblioteca de Marín con motivo do “Día das Bibliotecas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O vindeiro 24 de outubro celebrarase o “Día das Bibliotecas”, por ese motivo, o día anterior farase unha visita das clases de 4º de primaria do Colexio Inmaculada Concepción, acompañadas polos seus profesores.

O obxectivo é informar aos nenos dos servizos e fondos que ofrece a Biblioteca. Durante esta visita realizarase un percorrido pola Sala mostrando os materiais albergados na mesma. Tamén se explica o funcionamento dos distintos servizos, especialmente a consulta do catálogo, así como as normas que regulan o bo uso tanto das instalacións como da colección. Con este tipo de actividades, preténdese dinamizar e familiarizar o uso e disfrute dos diferentes recursos e servizos que ofrece a Biblioteca, ao mesmo tempo que espertar o gusto e interese pola lectura entre o público infantil e xuvenil orixinando novos lectores.

A visita consistirá en:

-Unha pequena introdución sobre a Biblioteca, os servizos e posibilidades que ofrece.

-Espazo de tempo para que os alumnos, acompañados do profesor, ollen os libros da selección infantil.

-Reparto de guías informativas sobre o uso da Biblioteca.

Ese día, e con motivo desta visita, a biblioteca abrirá ao público un pouco máis tarde, sobre as 10.30 h.

20 de outubro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.