Os empresarios da Guarda presentan a Campaña de Nadal
A Asociación de Empresarios de A Guarda informa que na mañá do 31 de Outubro de 2014 realizou a presentación da Campaña de Nadal 2014-15; na cal se informou os presentes en que consistía esta nova actividade de Dinamización Comercial de Proximidade.
Este ano a Campaña será novidosa no sentido de que non se realizará ningún sorteo como ata a data e durante máis de 20 anos se realizara.
A Xunta Directiva quería a participación directa do Comerciante coa súa clientela; por iso este ano serán eles os encargados de entregar os premios e cambialos de forma directa. Para iso repartiranse entre os asociados os tíckets que levarán incluídos o importe do premio que poderán cambiar de forma directa no propio establecemento. Que en breve estarán xa nos comercios.











