Os concursos dos partidos do Rio Natura Monbus Obradoiro sortean unha infinidade de premios dos seus patrocinadores
Coa volta á competición, tamén volveron ao Fontes do Sar as oportunidades para os afeccionados que asistan a ver ao Rio Natura Monbus Obradoiro de levar gran cantidade de premios cos concursos de descansos e tempos mortos.
Galicia Calidade, unha das firmas que se anota a estes momentos alternativos sobre a pista, ofrece un lote de produtos gastronómicos de empresas certificadas co seu selo Galicia Calidade ao participante que na duración do tempo morto gañe un duelo no que haberá que anotar unha canastra desde baixo o aro e outra desde a liña de tiros libres. Os interesados deberán indicar os seus datos persoais e teléfono de contacto no correo electrónico concursogaliciacalidade@obradoirocab.com.
Outro dos patrocinadores do equipo, o Hotel Balneario Compostela, concede unha invitación ás súas instalacións en menos de 24 segundos. Encestando desde baixo o aro, levarase unha invitación dobre ao seu servizo de balneario. Se se fai desde a liña de tiros libres, o circuíto termal incluirá unha cea no Restaurante “Os Ánxeles”, e se se consegue desde a liña de triplos, a velada será completa con aloxamento e almorzo. Neste caso, o correo deberase enviar a concursobalneario@obradoirocab.com.
Dimonorte, concesionario oficial do Rio Natura Monbus Obradoiro, ofrece todas as súas vantaxes durante os partidos do equipo co seu concurso de habilidade de 30 segundos, nos que segundo desde onde encestes levarás un cartón Fidelity Dimonorte cargada con diferentes cantidades para gastar no seu taller: 25 euros se é desde baixo o aro, 100 euros se é desde baixo o aro e desde a liña de tiros libres, e 200 euros se ademais tamén encestas desde a liña de triplos. A anotación deste concurso levará a cabo mediante concursodimonorte@obradoirocab.com.
Por último, con Star Center e o seu xogo do descanso do terceiro cuarto, poderás gañar unha tablet, metendo tres canastras en 24 segundos: desde baixo o aro, desde a liña de tiros libres e desde a liña de triplos. Só por concursar, anotándote previamente no correo concursostarcenter@obradoirocab.com, levarás un MP3.











