publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os cinco grupos finalistas da especialidade de teatro do Xuventude Crea actuarán en Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOutesXuventude
A-
A+

A Casa da Cultura de Outes acolle ata o luns as actuacións dos cinco grupos teatrais finalistas da especialidade de Xuventude Crea, o certame da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar que ten por finalidade establecer unha vía para que a mocidade poida manifestar o seu talento e creatividade.

Hoxe, ás 20:30 horas, actuará Teatro La Passoire, de Ourense, coa obra “Fétide Nettoyage”. Mañá actuarán dous grupos: ás 17:00 horas Vai no dentista do IES Arcebispo Xelmírez I, de Santiago, coa obra “Fóra de xogo”; e ás 20:30 horas Pinchacarneiro Teatro, de Noia, con “Tralo telón”. O venres representarán a obra “Underground Non si?” o grupo Teatro de Baiona; e o luns próximo Os farsantes Teatro de Vigo coa obra “Vincent”. As actuacións do venres e do luns serán ás 20:30 horas.

As cinco están incluídas no programa “Outono teatral” do Concello de Outes. A entrada será de balde, ata completar aforo. Os grupos finalistas reciben unha axuda de 650 euros para esta actuación final.

No certame ‘Xuventude Crea do 2014’, respecto da edición anterior, produciuse un incremento de proxectos presentados, así como de mozos participantes. En concreto, nesta última edición se presentaron un total de 263 proxectos, individuais e en grupo, para as once especialidades previstas: teatro, música, artes plásticas, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti. Foron 358 os participantes, mozos e mozas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

Ademais da final de teatro, ata novembro terán lugar as finais das especialidades de deseño de xoias, graffiti, música, moda e artes plásticas.

22 de outubro de 2014 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.