Os cemiterios municipais de Ourense permanecerán abertos en horario ininterrompido esta fin de semana
Con motivo da celebración do día dos Fieis Defuntos, o Concello de Ourense ampliará os horarios dos cemiterios municipais e reforzará o servizo de autobuses durante esta fin de semana. Tanto o sábado coma o domingo os cemiterios abrirán en horario ininterrompido, entre as 9 e as 19:30 horas.
Os cultos especiais, na igrexa de Santa Mariña, darán comezo o venres, 31 de outubro, cunha misa a partir das 17 horas. Xa o sábado, día 1 de novembro haberá unha misa ás 12 horas, finalizando con procesión na fosa común, e outra misa a partir das 17 horas.
O domingo, día 2 de novembro celebraranse dúas misas, unha ás 12 e outra ás 17 horas. Esta segunda será presidida por Leonardo Lemos, Excmo. Obispo de Ourense.
Reforzo do servizo de autobuses urbanos
Tamén estes días, e co obxectivo de facilitar o desprazamento da cidadanía aos cemiterios, o servizo de autobuses urbanos reforzará o servizo habitual con dous liñas especiais de autobuses, con saída da Estación de Bus e O Vinteún, en dirección Cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no Cemiterio de San Francisco.
Estas dúas liñas especiais terán os seguintes horarios:
Especial 1: Vinteún (6º Instituto) – Cemiterio de Santa Mariña
Saídas desde O Vinteún: 10:20, 12:15, 14:45, 16:30
Saídas desde Santa Mariña: 11:30, 13:30, 15:30, 17:30
Especial 2: Estación Bus – Cemiterio de Santa Mariña
Saídas desde Estación Bus: 9:50, 11:30, 13:30, 15:30, 17:45
Saídas desde Santa Mariña: 10:30, 12:30, 14:30, 16:30, 18:30











