Os alumnos do Sánchez Cantón farán o roteiro Castelao
Un grupo de 30 alumnos/as de 2º curso de bacharelato do IES Sánchez Cantón farán mañá xoves, día 23 de outubro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra. A saida está prevista para as 12 horas horas da praza da Ferraría.
O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.











