publicidade hoxe

Os alumnos do Instituto Galego do Viño visitan a D.O. Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurenseVerín
A-
A+
Visita dos alumnos do Instituto Galego do Viño

Visita dos alumnos do Instituto Galego do Viño

A Denominación de Orixe Monterrei recibía hoxe a visita dos alumnos do Cuso Superior de Catador Profesional que imparte o Instituto Galego do Viño, nunha iniciativa dirixida a promover o maior coñecemento dos viños de Monterrei entre futuros profesionais do sector hostaleiro.

Deste xeito o Consello Regulador colaborou nesta actividade complementaria á formación impartida no centro que incluíu a visita a varias adegas da Denominación de Orixe, así como un seminario da Denominación de Orixe Monterrei impartido polo seu presidente, Antonio Ángel Méndez Atanes.

Deste xeito, un grupo de quince alumnos acompañados de profesores e do director do curso, Xoán Cannas, realizaron un percorrido pola Denominación que prestou especial atención ás peculiaridades do viñedo de Monterrei. Trazaron para iso unha ruta con paradas en diferentes plantacións localizadas en terreos de val e ladeira, pola natureza dos diferentes chans que acolle a D.O., para así analizar a adaptación da familia de variedades de uva de Monterrei e estudar as súas principais características.

Unha vez en adega recibiron unha clase práctica a cargo dos propios elaboradores, con mención ao proceso de vinificación e onde ademais compartiron co grupo valiosos ensinos tras unha dilatada experiencia no sector.

Trátase dunha nova actividade coa que o Consello Regulador pretende estreitar os lazos co sector hostaleiro, así como formar parte activa na súa formación, trasladando aos futuros profesionais as bases fundamentais para o coñecemento desta denominación.

21 de outubro de 2014 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.