Os alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo introdúcense nos destilados de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+
Alumnos participantes na charla

Alumnos participantes na charla

O CIFP Manuel Antonio acolleu unha xornada formativa dos destilados con contraetiqueta que están amparados baixo o CRIIGG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A súa secretaria, Carmen Otero, ofreceu aos 16 alumnos do Ciclo Medio e Superior de Dirección de Servizos, unha charla e unha cata comentada, liquidando as súas dúbidas e ofrecendo unha primeira toma de contacto con estes destilados de calidade.

Así, ademais de coñecer o funcionamento e os obxectivos cos que traballa o Consello Regulador, os participantes puideron aprender a diferenciar organolepticamente as características que definen a augardente elaborado con bagazo 100% galego, descubrindo as distintas técnicas de elaboración coas que se obtén augardente, as diferenzas entre augardentes e licores ou a forma adecuada de servizo e consumo. A iniciativa formativa enmárcase dentro tarefas de sensibilización e formación que leva a cabo este Consello Regulador de forma habitual en centros de formación.

27 de outubro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.