Os alcaldes opostos ao canon de Sogama reuniranse mañá en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Os alcaldes galegos que continúan opoñéndose á suba do canon de Sogama, volverán reunirse mañá en Santiago.

Os rexedores que se negan a pagar o 33,5 % dos recibos de Sogama, a cantidade que a Xunta de Galicia incrementou mediante unha decisión unilateral, analizarán a situación actual e decidirán sobre o plantexamento das súas demandas fronte ós orzamentos da Xunta do ano 2015, contas que reflicten a redución nun 85 % das perdas que alegara o Goberno Galego para subir o canon.

A reunión celebrarase na Nave de Vidán ás 12:30 h.

1 de outubro de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.