Os afeccionados entrevistan aos xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro retoma a súa actividade “Entrevista da semana”, sección que terá como novidade este ano que serán os propios afeccionados quen poidan expor as súas preguntas mediante a rede social Twitter.
O club informará mediante a mesma da persoa a entrevistar a semana en cuestión, así como do hashtag que haberá que incluír coa pregunta para que esta sexa formulada. A partir dese momento, todos os afeccionados poderán realizar as súas preguntas e consultar as súas curiosidades.
Unha vez pechado o prazo de recepción, as preguntas elixidas serán expostas na entrevista, que posteriormente se difundirá en formato audiovisual mediante a páxina web do club, recentemente reactivada cun novo deseño.











