publicidade hoxe

Oral Group sentenciou e fíxose coa vitoria no ansiado Trofeo Ferradura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

Este sábado 25 ás 13.00 horas en augas de Portosín e en dous percorridos barlovento sotavento decidiuse a clasificación en favor do ORAL GROUP de Pedro Pazos que sentenciou con dous primeiros postos. Tras eles LA RABUDA UNO de Fernando González asina unha excelente segunda posición. A sorpresa sen dubida púxoa o SIRADELLA de César alvarez que cunha boa actuación e a regularidade que o caracteriza logra a terceira posición do podium a pesar de ser o barco que a priori o tiña máis dificil despois das probas 1 e 2.

A xornada estivo marcada pola ausencia do MEIGAS FORA que abriu así as portas aos seus rivais nun día moi técnico con ventos de 8 a 10 nós de compoñente norte durante toda a xornada.

Ás portas do podium o SARA de Rafael Branco que queda nunha cuarta posición da clasificación Xeral.

27 de outubro de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.