publicidade hoxe

Oleiros volve a ser galardoado nos premios María Moliner

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros foi galardoado unha vez máis pola calidade da Rede Municipal de Bibliotecas e pola súa programación nos prestixiosos premios María Moliner que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coa FEMP.

Estes galardóns están destinados á programación de animación á lectura das bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. Das 300 bibliotecas seleccionadas de todo o Estado, como os mellores proxectos de entre os 608 presentados, hai 21 bibliotecas de Galicia e entre elas, un ano máis, está o presentado polas bibliotecas municipais de Oleiros. A candidatura presentada polas bibliotecas municipais de Oleiros titúlase Queres ler connosco? e nel explícanse as actividades de promoción da lectura que se realizaron no primeiro semestre deste ano.

31 de outubro de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.