Obras de mantemento viario en pistas das parroquias de Vilatuxe, Barcia, Doade, Moneixas e Donramiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
O alcalde de Lalín xunto a un grupo de veciños no comezo dos traballos

O alcalde de Lalín xunto a un grupo de veciños no comezo dos traballos

Hoxe deron comezo os traballos no vial que vai de Xar (Barcia) a Castro de Arriba (Vilatuxe), onde se desprazou o alcalde de Lalín, José Crespo, e o edil delegado de Infraestruturas Rurais, Antonio Rodríguez, que mantiveron un encontro cos veciños do lugar

O Concello de Lalín, a través da Concellería de Infraestruturas Rurais, continúa o seu labor de mantemento da extensa rede viaria municipal que abrangue máis de 1.200 quilómetros de pistas. Nesta semana levaranse a cabo obras de dobre tratamento en diversas pistas nas parroquias de Vilatuxe, Barcia, Doade, Moneixas e Donramiro.

Concretamente, a primeira hora desta mañá iniciáronse os traballos para dotar de dobre tratamento a pista que vai de Xar (Barcia) a Castro de Arriba (Vilatuxe), a onde se desprazou o alcalde de Lalín, José Crespo, para manter un encontro con veciños do lugar. Estivo acompañado polo edil delegado, Antonio Rodríguez, e polo vogal de Castro.

Outras pistas onde se actuará, a través dos distintos plans da Deputación para o Concello de Lalín, botándolle dobre tratamento nos vindeiros días serán: a que vai de Barciela (Vilatuxe) a Rivela (Barcia); a que pasa por onde o local social de Barcia; a de Taín a Doade; a de Taín á igrexa parroquial de Doade e a de Regoufe (Moneixas) a Agruchave (Donramiro).

21 de outubro de 2014 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.