Obradoiro didáctico para menores con motivo do 23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos
O Centro Cultural Torrente Ballester acollerá o vindeiro sábado, día 25, un obradoiro didáctico para nenos e nenas entre 7 e 10 anos, con motivo da 23 edición do Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos. A actividade, organizada pola Concellería de Cultural do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, se desenvolverá de 11:30 a 13:30 horas e o límite de prazas é de 12 menores.
Esta proposta didáctica comezará cunha visita guiada polo Torrente Ballester na que se proporcionarán as claves para entender de forma sinxela os principios da arte gráfica e a súa evolución até a actualidade. A continuación, os menores realizarán unha colaxe creativa a partir de recortes de revistas, e farán o seu propio estampado nunha bolsa para aplicar os conceptos aprendidos.
Os interesados en participar, deberán enviar o formulario de inscrición ao correo electrónico: info@centrotorrenteballester.com ou presentalo no propio Torrente Ballester. Poderán formalizar a inscrición antes do xoves 23.











