Obradoiro de decoración de cabazas e contacontos en Monforte para celebrar o Samaín
A concellería de Educación e Cultura organiza un obradoiro de decoración de cabazas e unha sesión de contos de medo na Casa da Cultura.
Coincidindo coa celebración do Samaín, o venres día 31 ás 18:00 h na Casa da Cultura, haberá unha sesión de contos e lendas tradicionais de medo e un obradoiro de decoración de cabazas.
Os rapaces e rapazas que queiran participar deberán inscribirse previamente na Biblioteca Municipal.
Para participar no obradoiro deberán levar a cabaza que logo decorarán.
A realización da actividade, organizada polo concello de Monforte, correrá a cargo da empresa monfortina Imaxinatia.











