O zafarrancho de limpeza de Pontevedra actúa nas rúas Jofre de Tenorio, San Bartolomeu e Benito Soto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión limparase a rúa Jofre de Tenorio, rúa San Bartolomeu e rúa Benito Soto. A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

14 de outubro de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.