O xurado do concurso fotográfico do Calendario Municipal 2015 elixe as imaxes gañadoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O xurado do concurso fotográfico do Calendario Municipal 2015 elixiu as 13 imaxes gañadoras, pois ás 12 previstas para cada mes do ano súmase unha máis para a portada. En total, o Concello da Coruña recibiu fotografías de 161 persoas.

O Goberno local agradece o interese que suscitou entre os cidadáns o concurso fotográfico do Calendario Municipal 2015, con 161 participantes. O xurado seleccionou de todas as fotografías presentadas ao concurso as 12 imaxes da Coruña que formarán parte do calendario municipal do próximo ano, así como unha máis para a portada do calendario. En concreto, ademais desta imaxe da portada, o calendario constará de 24 imaxes: 12 fotografías en branco e negro do pasado da Coruña, e outras 12 en cor da cidade actual que foron seleccionadas polo xurado.

Ademais da súa publicación no calendario municipal do próximo ano, os gañadores recibirán os libros Fotografa de alta calidade. As técnicas e métodos definitivos, de José María Mellado, e oAtlas Ilustrado da fotografía dixital creativa con Photoshop,así como 10 exemplares do calendario.

As fotografías elixidas polo xurado son obra de:

– Beatriz Diéguez Reyes (fotografía de portada). Menhires do parque escultórico da Torre.
– Manuel Matías Marras Ramos. Muralla do xardín de San Carlos .
– Fernando Román Areán. Cemiterio de San Amaro.
– José María Gómez Brocos. Carrusel en María Pita.
– Pablo Briones Bioslada. Fonte dos surfeiros.
– Francisco Lestón Ramos. Obelisco Millenium.
– José Manuel Cereijo Garea. Panorámica da Coruña.
– Chema Ríos. Caracola do parque escultórico da Torre.
– Emilio Pintos Frade. Festival aéreo.
– Guillermo Vázquez González. San Juan na praia.
– Leo Margareto. Torre de Hércules.
– Francisco Parada González. Parrote.
– Eduardo Regueiro Lorenzo. Praia de Riazor.

28 de outubro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.