publicidade hoxe

O xogador celeste Krohn Dehli reúnese cun grupo de estudantes daneses de intercambio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarVigo
A-
A+
Reunión cos estudantes de intercambio daneses

Reunión cos estudantes de intercambio daneses

O centrocampista celeste Michael Krohn-Dehli acudiu onte martes ao Instituto Auga da Laxe, en Gondomar, para coñecer e departir cun grupo de estudantes de Dinamarca. Os mozos daneses forman parte dun programa de intercambio que lles trouxo durante unha semana a Galicia para coñecer a lingua e a cultura galega e española.

Durante a charla os estudantes realizaron todo tipo de preguntas ao futbolista, desde como valora a súa experiencia persoal en Vigo até que diferenzas culturais percibe entre a súa Dinamarca e España. Krohn-Dehli, moi satisfeito por poder participar neste encontro, mantivo un trato próximo e cariñoso cos seus compatriotas, quen recibiron con gran ilusión a visita do internacional danés.

No acto tamén estivo presente a conselleira Carmen Avendaño en representación do RC Celta.

29 de outubro de 2014 | 20:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.