O vídeo “Aprendendo a cambiar o conto” recibe as felicitacións do Ministerio de Igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTomiño
A-
A+

O vídeo “Aprendendo a cambiar o conto”, patrocinado polo Concello de Tomiño e interpretado por estudantes de 3º da ESO do IES da localidade, coa dirección da realizadora galega Marta Piñeiro (directora de Matalobos e Padre Casares), segue a recoller premios e distincións.

Esta vez trátase dun agasallo chegado dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, consistente nun paquete de camisetas a prol da igualdade de xénero, enviadas aos alumnos e profesores participantes na experiencia audiovisual, xunto cunha felicitación polo traballo realizado. As camisetas, de diferentes cores, levan o lema de “MachisNO!”.

Lembramos que “Aprendendo a cambiar o conto” foi seleccionado recentemente en dous prestixiosos festivais de cine social de Arxentina.

22 de outubro de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.