O tour do Santiago Futsal dará comezo este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O tour de encontros ao que se mide o Santiago Futsal nos próximos doce días inclúe un total de catro partidos, entre os encontros de Liga e a eliminatoria de oitavos da Copa de S.M o Rei.

Este venres recibe a un complicado rival empatado a puntos na clasificación, o Levante UD DM, ao que se enfronta no Multiusos Fontes do Sar ás 20h.

O Multiusos volverá ser escenario doutro emocionante encontro o martes día 4 de Novembro. Esta vez será para que se dispute a eliminatoria de oitavos da Copa de S.M o Rei, que enfronta ao Santiago Futsal á Magna Navarra ás 20.30h.

Tan só 3 días despois, o venres 7 de Novembro, o Santiago Futsal recibe ao Aspil Vidal Rib. Navarra na 9ª Xornada de Liga, outra vez en partido en casa, pero recuperando o horario habitual de encontros no Multiusos, as 21h.

E o martes 11 de Novembro ás 20.30h chegará o partido que, a priori, preséntase máis complicado para o Santiago Futsal, ao recibir ao actual campión de Copa e Liga, Inter Movistar, no partido adiantado da 11ª Xornada de Liga.

Esta é unha gran oportunidade para que afeccionados do Santiago Futsal, e amantes do fútbol sala en xeral, gocen da posibilidade de vivir catro partidos seguidos no Multiusos e vibrar co espectáculo deste deporte.

29 de outubro de 2014 | 20:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.