O Sergas asina o contrato para a construción do centro de saúde do barrio de Galeras

Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán Angueira, e o representante da Unión Temporal de Empresas do centro de saúde de Galeras, asinaron hoxe, no edificio administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a construción do centro de saúde do santiagués barrio de Galeras, cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de 2,9 millóns de euros e un prazo de execución das obras de 17 meses.O centro de saúde de Galeras, que poderá atender a unha poboación de máis de 12.000 persoas, contará cun área de medicina xeral, outra de pediatría, consultas de matronas e educación maternal, farmacia, odontoloxía, fisioterapia e salas polivalentes. Ademais, na área de administración disporase dun arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

29 de outubro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.