O Santiago Futsal vai a polo primeiro dos catro partidos que disputará no Fontes do Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal xoga mañá ás 20h o primeiro do catro partidos que disputará no Multiusos Fontes do Sar nos próximos 12 días. Enfrontarase a un rival directo, empatado a puntos cos galegos nos postos de salvación da clasificación, o Levante UD DM.

O conxunto levantino é 10º na clasificación con 9 puntos, mentres que o Santiago Futsal, cos mesmos puntos, ocupa a 8ª posición da táboa. As liñas de ambos os conxuntos no que levamos de tempada son moi diferentes, mentres que os de Santiago cultivaron un total de 3 vitorias consecutivas e cederon a xornada pasada ante Xaén (2-1), actual líder da liga; os visitantes perderon tres encontros seguidos e conseguiron a vitoria ante Palma Futsal a pasada xornada (3-2).

Agora ambos os conxuntos ven as caras na 8ª Xornada de Liga, na que o Santiago Futsal quere sumar a súa terceira vitoria no Multiusos Fontes do Sar. Santi Valladares poderá contar con todos os seus xogadores, fóra de Lucho, que segue co proceso de recuperación da lesión de xeonllo que sufriu a tempada pasada.

Sala de prensa

Santi Valladares compareceu esta mañá ante os medios presentes e analizou ao seu rival deste venres “Levante é un equipo moi complicado, un equipo que se coñece e que ten moita experiencia aínda que veña de Segunda, e que o está demostrando porque estamos igualados a puntos. É un equipo que manexa a posesión do balón, con xogadores con táboas.”

Resaltou a importancia de conseguir os puntos en xogo en casa “conseguir os 3 puntos mañá daríanos maior confianza e comodidade para seguir traballando, e que os mozos se vaian reforzando con cada partido. É fundamental gañar en casa contra un rival directo e canto máis te afastes dos 2 de abaixo mellor.”

En canto ás dúas semanas ten por diante o equipo con partidos cada 3 días, o adestrador destacou que “teremos que adaptar sesións as sesións de adestramento vendo á xente coa que dispós e, teremos que facer rotacións en todos os partidos. Nós imos ir a por todos os partidos, aínda que algúns teñan prioridade con respecto a outros, nós imos a por todos. Agora pensamos en Levante, e despois en como podemos facer dano a Jota. Iremos partido a partido”.

Outra información

Mañá pola tarde o club celebra a Festa de Halloween para os máis pequenos. A festa comezará ás 18h, coa apertura de porta do Multiusos e prolongarase ata que de comezo o encontro entre Santiago Futsal e Levante UD DM ás 20h.

Durante toda a tarde, os nenos poderán gozar de variedade de xogos, obradoiros de careta e disfraces, sorteo de agasallos e inchables, ademais dunha serie de sorpresas que non se desvelarán até mañá pola tarde.

Os nenos menores de 13 anos poderán acceder gratuitamente ao encontro.

30 de outubro de 2014 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.