O Santiago Futsal enfróntase a dous partidos en tres días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tras a vitoria do sábado ante Azkar Lugo no último suspiro do partido, o Santiago Futsal regresou esta mañá aos adestramentos. O gol de Dani Chinés no último segundo do partido serviu para que o Santiago Futsal sumase a súa segunda vitoria consecutiva e afronte unha das semanas de maior desgaste físico con maiores ganas e ánimos.

E é que os de Santiago xogarán dous partidos en tres días. Mañá mediranse ao Noia FS, equipo que milita na 2ª División B, na 2ªrolda da Copa do Rei, ás 21h no Pavillón Municipal de Noia. O equipo local chega ao encontro tras eliminar ao equipo galego da 2ª División O Parrulo F.S (7-6). Os de Santi Valladares tentarán resarcirse da eliminación da pasada tempada nos dezaseisavos de final, na que caeu fronte ao Segovia Futsal (3-2).

Ademais, o venres regresa a liga ao Multiusos recibindo ao Uruguai Tenerife F.S, equipo recentemente ascendido pero que está a facer un bo comezo de campaña, e que chega a Santiago cos mesmos puntos que os locais, seis, e ocupa a 13ª praza da clasificación.

Plan de traballo semanal

Luns 13 de Outubro

9.30h- Multiusos- Preventivo + Resistencia Velocidade + Porteiros

16.45h- Multiusos- Táctico

Martes 14 de Outubro

9.30h- Veloc. Desplazam + Porteiros

21.00h- Pavillón Municipal de Noia- Partido da 2ª rolda da Copa do Rei

Noia FS vs Santiago Futsal

Mércores 15 de Outubro

17.00h- Táctico

Xoves 16 de Outubro

17.00h- Táctico

Venres 17 de Outubro

21.00h- Multiusos- 6ª Xornada de Liga

Santiago Futsal vs Uruguai Tenerife FS

13 de outubro de 2014 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.