O ‘Samain’ chega á Biblioteca Pública de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Con motivo da celebración do ‘Samain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades:

– Obradoiro para a decoración de cabazas (29 e 30 de outubro, de 18 a 19.30 horas). Actividade consistente en adornar as cabazas con trazos humanos e cunha vela dentro, para que cando sexa situada na entrada da casa traia bos augurios a quen habite nela (os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa). Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de cinco participantes participantes por día -socios/as da biblioteca, empadroados/as no Concello de Verín e con idades comprendidas entre 3 e 9 anos-. Os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa pero deben levar roupa que se poida ensuciar.

Contacontos e manualidades relacionadas co Samain (31 de outubro, de 18 a 19.30 horas). A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos; así como unha manualidade especial: Contos do Samain -os/as participantes deberán traer témpera líquida en cor negra, pincel, oveira de cartón (das de media ducia) e dous ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

23 de outubro de 2014 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.