O Samaín abre a programación de novembro do Nuby Club
O Nuby Club inaugurará este sábado a programación infantil de novembro coa celebración dunha festa de Samaín na que os máis pequenos divertiranse participando en talleres de manualidades, bailes e xogos inspirados nesta festividade, e que conxuga propostas como o lanzamento de castañas e aros, probas de substitucións con carretillas e cabazas ou a creación de orixinais faroliños.
O sábado día 8, a literatura volverá ser a gran protagonista das actividades. Nesta ocasión, Kim, a obra mestra do premio Nobel Rudyard kipling, servirá de fío condutor para achegar aos nenos á cultura e os costumes da India, e espertar neles o interese por coñecer e descubrir outros países e civilizacións.
Con este obxectivo, os máis pequenos comporán diferentes tipos de quebracabezas tendo ao país asiático como pano de fondo e intervirán en xogos como a caixa dos cinco sentidos, nos que porán a proba o olfato, o gusto, o oído, a vista e o tacto para descubrir diferentes obxectos.
A novela de aventuras O conde de Montecristo, de Alejandro Dumas, centrará o taller do sábado 15. A historia do seu protagonista, Edmundo Dantés, un mozo mariño que inxustamente é encarcerado durante catorce anos nunha prisión da que conseguirá escapar, será a base dos xogos de escapismo e axexo cos que gozarán os máis pequenos. Tamén realizarán cadros mariñeiros con distintas texturas.
O taller do sábado 22 estará dedicado ás viaxes de Marco Polo, tamén coñecido como O libro das marabillas ou O libro do millón. Baseado nas vivencias experimentadas por este mercador veneciano durante vinte e catro anos de travesías por oriente, permitirá aos socios do Nuby Club penetrarse na cultura oriental e coñecer as características principais dos numerosos países que visitou. Realizaranse actividades relacionadas coa pintura e xogos temáticos.
O sábado 29, os máis pequenos achegaranse á figura do enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha, protagonista indiscutible, xunto ao seu inseparable escudeiro Sancho, da obra de Miguel de Cervantes, unha de máis destacadas da literatura universal. Fabricarán muíños de vento e cabalos de pau en miniatura e divertiranse xogando ao torneo medieval, aos disparates de Don Quixote ou bailando a danza de Dulcinea.
Os talleres, dirixidos a nenos de 4 a 12 anos e de carácter gratuíto, desenvolveranse na Sala de Xogos da segunda planta, de 17:00 h. a 20:00 h.
Os interesados en participar na oferta de entretemento do Nuby Club poden consultar toda a información referente a este espazo en www.ccarousa.com.











