O Rio Natura Monbus Obradoiro únese á Carreira Pedestre Popular santiaguesa

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro pon en marcha unha promoción para o partido que o enfrontará ao Iberostar Tenerife o próximo 2 de novembro no Fontes do Sar (13:00 horas), uníndose á Carreira Pedestre Popular que se celebra cada ano en Santiago de Compostela.

E é que, todos os participantes na XXXVII Carreira Pedestre Popular de Santiago, que se celebrará este domingo 26 de outubro, poderán comprar até dúas entradas no sector Tribuna 2 por un prezo de 9 euros cada unha. Para facelo só será necesario presentar o resgardo de inscrición á proba deportiva no momento da compra.

Os que aínda non se inscribisen na veterana proba patrocinada polo Correo Gallego teñen entre hoxe e mañá as últimas horas para facelo a través da web www.carrera.elcorreogallego.es. O percorrido comezará, como cada ano, na Avenida Xoán XXIII para completar 12 quilómetros até chegar á Praza do Obradoiro.

Por outra banda, os prezos xerais das entradas no partido contra os insulars serán de 29 euros en Tribunas Retráctiles, 24 euros en Tribunas 1 e 19 euros en Tribunas 2 e Fondos. Os grupos de menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65 ou desempregados e federados do ámbito do baloncesto terán Prezos Reducidos. Nestes casos, achegando a documentación necesaria, os prezos a pagar serán de 19 euros en Tribunas 1 e 15 euros en Tribunas 2 e Fondos.

As entradas pódense adquirir xa a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou nas oficinas, de luns a venres de 10 a 12 e de 17 a 20 horas.

20 de outubro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.