O rexedor lalinense comproba os traballos de acondicionamento da pista de Rivela a Barciela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Xosé Crespo na visita a un tramo da pista

Xosé Crespo na visita a un tramo da pista

O alcalde de Lalín, José Crespo, desprazouse ata o lugar de Rivela, na parroquia de Barcia, onde o Concello vén de acometer o acondicionamento da pista que vai desde este lugar da parroquia de Barcia ata o lugar de Barciela, na parroquia de Vilatuxe, nunha lonxitude de actuación duns 600 metros. Os traballos consistiron na limpeza de pólas das marxes da pista, no bacheo da vía e en botarlle dobre tratamento asfáltico.

Crespo, estivo acompañado polo concelleiro de Infraestruturas Rurais, Antonio Rodríguez, e por veciños do lugar.

Dentro do mantemento e conservación da extensa rede viaria de titularidade municipal, o Concello ten previsto realizar actuacións para dotar dobre tratamento asfáltico a diversas pistas das parroquias de Barcia, Vilatuxe, Doade, Moneixas e Donramiro. Así esta semana véñense de acondicionar as pistas de Xar a Castro de Arriba, a do local social de Barcia e esta de Rivela a Barcia. En próximos días actuará na pista da Balagosa.

22 de outubro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.