O RC Celta e a Fundación renovan a súa colaboración coa Federación de Peñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

Carlos Mouriño, presidente do RC Celta; José Méndez, presidente da Federación de Peñas e Germán Arteta, director da Fundación Celta, pecharon onte na sede social do club a renovación do seu convenio de colaboración. Tras a firma protocolaria o máximo dirixente céltico cualificou de “importantísimo” este convenio que “cada ano tratamos de mellorar un pouco” e que nos une moito máis ás peñas e á afección”.

Pola súa banda, José Méndez mostrouse “moi agradecido” por un convenio que supón “un gran avance para os peñistas, que son os grandes beneficiados”. O presidente da Federación de Peñas considera que se está mellorando cada ano, algo que hai que agradecer ao Real Club Celta” e confirmou o gran momento social que está a vivir o celtismo: “Medramos porque o equipo medra. Aumentou o número de peñas e tamén se nota na afluencia a Balaídos”.

No acto tamén estivo presente Argimiro Rodríguez, tesoureiro da Federación de Peñas.

1 de outubro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.