O queixo será o protagonista do primeiro mercado do mes de outubro en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O espazo central da Praza de Abastos de Monforte volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 4 e 5 de outubro, para acoller un Mercado do Queixo.

O Mercado do Queixo contará coa participación de produtores de queixo das D.O. e Indicacións Xeográficas Protexidas da comunidade autónoma: San Simón da Costa, Queixo Tetilla e Cebreiro.

Ademais haberá presenza doutras variedades sen D.O., caso do queixo de cabra e do queixo fresco, así como de produtos vinculados a este tipo de elaboración como o requeixo.

Ademais, neste Mercado tamén atoparán queixos elaborados en países como Francia, Italia ou Suíza.

O Mercado do Queixo contará coa participación de oito produtores e abrirá o sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, mentres que o domingo farao só en horario matinal, de 10:30 a 14:00 horas.

O Mercado dos Queixos está organizado polo Concello de Monforte e patrocinado pola Área de Turismo da Deputación de Lugo.

Os participantes no Mercado son:

– Quesos Don Gabino: queixos San Simón

– Queserías Sarrianas: tetilla, curado…

– Marqués de Cernadas: queixo Cebreiro

– Queixos Josefa: queixos mantecosos

– Eric Dufour Loiriolle: queixos franceses, suízos, parmesanos…

– Touza Vella: queixo de cabra curado, semicurado, fresco…

– Cooperativa Paradanta; requeixo

– Queixos Víctor Rey: queixo azul de Galicia, tetilla, San Simón…

1 de outubro de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.