O programa “Imos de excursión” organiza unha viaxe a Ourense para gozar do San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O programa Imos de excursión 2014, do Departamento de Centros Socioculturais, ofrece unha nova viaxe o martes 11 de novembro, desta vez para gozar do San Martiño e dun tradicional magosto na cidade de Ourense, prevista no marco do programa Imos de excursión dos centros socioculturais. Este martes 21 de outubro, ás 17:00 horas, ábrese o prazo de inscrición nesta excursión. Ten un prezo de 21 euros, que inclúen bus, guía, xantar e seguro).

Galicia popular, San Martiño, magosto en Ourense achega un programa completo con visita guiada ao casco histórico da cidade, xantar concertado e, pola tarde, a partir das 17:00 horas, un magosto popular no que degustar saborosas castañas asadas, bolos preñados e viño, nunha sesión amenizada tamén con música.

Termas de Laias

O programa Imos de excursión 2014 continuará aberto ata o mes de decembro. A próxima viaxe será, do 19 ao 21 de novembro, será ás Termas de Laias.

20 de outubro de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.