publicidade hoxe

O presidente da Deputación de Lugo condena de forma explícita a explosión de Baralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLugo
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, realizou este mércores unha “condena explícita” da explosión acontecida esta madrugada no Concello de Baralla (Lugo) e advertiu de que ese “non é o camiño”.

Nunha entrevista concedida á TVG, Besteiro aproveitou para facer unha “condena clara” deste “tipo de comportamentos”, dado que “ten todos os visos” de ser a causa dun artefacto explosivo colocado intencionadamente.

O presidente provincial mandou unha mensaxe de “apoio” á corporación de Baralla e a todos os veciños da localidade e púxose á súa disposición para o que poidan necesitar.

Ao mesmo tempo, enviou unha “mensaxe a toda a sociedade” rexeitando e condenando este tipo de comportamentos, “que non conducen a nada”.

1 de outubro de 2014 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.