O pleno da Pobra de Trives mostrará a súa oposición á desaparición dos partidos xudiciais
O alcalde da Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, vén de convocar un pleno ordinario da corporación municipal que se celebrará o próximo xoves día 30 de outubro ás 19 horas na Casa do Concello.
Na sesión ordinaria, convocada oportunamente e conforme ao preceptuado pola lexilación vixente, sometaranse a debate e votación os seguintes asuntos.
a)Proposta de días festivos locais para o ano 2015
b)Declaración de rexeitamento a desaparición do partido xudicial da Pobra de Trives
c) Adhesión a sección de concellos con intereses turísticos da Federación Galega de Municipios e Provincias
d)Información sobre a desaparición das brigadas da Deputación Provincial de Ourense
e) Rogos e preguntas.
O presidente da corporación municipal, Francisco José Fernández, vai solicitar o apoio de todos e todas os edís para mostrar con rotundidade a oposición da cidadanía trivesa á desaparición dos partidos xudiciais. Asemade entende necesaria a pertenza a sección dos municipios turísticos da Fegamp do Concello da Pobra de Trives, referencia do turismo interior de Galicia