publicidade hoxe

O Outono Cultural de Rianxo achega libros encantados, acampada e teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 24 de outubro

18.00 h – Biblioteca Municipal de Rianxo
LIBROS EN-CANTADOS a cargo de Magín Blanco

EN Libros en-cantados atoparedes a  Magín Blanco: creador de A nena o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, e outras composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como María Fumaça e Rosalía Pequeniña interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración, que ó igual que sucede nas súas publicacións construen unha historia de cancións e contos.

O formato que nesta proposta empregará Magín é un conto musicado sendo nas letras das cancións e as súas intruducións as que marcarán o ritmo desta proposta.

Se coa edición dos libros pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade neste directo as cancións e os contos abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo e achegarse ás  historias dende a perspectiva do autor, ó tempo que comparten con el o espazo propio dos libros e nos que tamén a música ten un lugar.

20.00 h – Biblioteca Municipal de Rianxo
ACAMPAMOS NA BIBLIOTECA

Inscricións ata o xoves 23 de outubro na Biblioteca.
Música, obradoiros, actividades de animación, contacontos, sorpresas,… unha noite na Biblioteca Municipal dá para moito

Sábado 25 de outubro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: A ratoeira a cargo da compañía o Aturuxo de Melpómene

A obra está recomendada para todos os públicos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

“A Casa Grande do Pozo dos Monxes abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedaren illados pola neve. A neve chega, e con ela un crime. Ese manto branco, sempre tan puro e pacífico, pon as cousas difíciles… ou moi doadas”

23 de outubro de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.