O ORAL abriu a súa nova oficina en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínPontevedra
A-
A+
Inauguración da nova oficina do Oral

Inauguración da nova oficina do Oral

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou esta mañá a nova oficina do ORAL para a comarca de Deza coincidindo coa súa apertura na casa do concello, despois de que rematasen as obras de acondicionamento.

O traslado da oficina desde a súa anterior localización ó coñecido como “castro tecnolóxico” representa un paso máis na mellora dos servizos ós veciños, xa que permite concentrar servizos e evitar desprazamentos.

Os contribuíntes teñen agora unha oficina céntrica, moderna e dotada cos mellores recursos humanos e materiais, na que traballan seis persoas en horario de 8:30 a 14:30 h.

A oficina periférica do ORAL na comarca de Deza é unha das de maior actividade da provincia, como o demostra o feito de que no que vai de ano se atendesen 8.173 consultas, das cales 7.080 foron presenciais, 1010 telefónicas e 83 por correo electrónico.

O ORAL xestiona preto de 140.000 recibos dos seis concellos de Deza, que teñen a oficina de Lalín como referencia (Lalín, 81.596; Rodeiro, 8.605; Silleda, 22.681; Vila de Cruces, 13.913; Dozón, 5.444; Agolada, 7.492).

13 de outubro de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.